Obradoiro Intensivo de Pintura sobre Tecido, en Lugo.
Para ir quentando motores de cara ao verán propoñemos un taller intensivo de Pintura sobre tecido: para preparar o noso bolso de tea cun debuxo personalizado.
Levarémolo a cabo o sábado 16, de 17:00 a 20:00h, non é necesario que teñades experiencia e xa podedes reservar a vosa praza.
Como en tódolos nosos intensivos, poñemos todo o material e unha pequena merenda, porque o mellor xeito de aprender é en boa compaña.
Custe: 30€ con todo o material incluido.