Un espectáculo de Os Náufragos teatro sobre a presenza da muller no mar, a diversidade e o TDAH (Trastorno de Déficit de Atención con Hiperactividade). A Candela encántalle o mar e soña con ser patrona dun barco, que quere construir ela mesma. Ser patrona non é unha tarefa doada... e construir un barco tampouco. A Candela gústalle moito pasar tempo co seu amigo Bruno, que vive nun faro e sinte verdadeira paixón por compoñer música. Candela, a quen chaman Bulebule, ten TDAH. Bulebule é unha obra que explora, dun xeito amable, os camiños da igualdade, destacando o esforzo das mulleres por derribar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.
Surcando os mares das aspiracións de Candela, a obra mostra a súa ilusión e o seu tesón por alcanzar os seus soños, pese ás dificultades que, como grandes ondas, impónlle unha sociedade que non sempre entende a súa incansable enerxía
Duración: 40 minutos.
Idade recomendada: A partir dos 4 anos.
