Blop é unha peza de danza contemporánea inmersiva para a primeira infancia. É unha proposta sensorial 360º que , desde a proximidade, explora o inesperado ou mesmo o inoportuno.
Aparece a protagonista e con ela algo que a cubre, unha especie de capa acuosa que fai soar todos os seus movementos e iso sí! Cando se rompe, deixa todo mollado e boca abaixo. E agora que facemos?
Blop busca dedicar atención e tempo a dúas das emocións sociais, culpa e vergoña, xusto nos anos nos que os máis pequenos comezan a sentilas na vida diaria (2 anos) até que comezan a poder explicalas ou conceptualizalas (5-6 anos).
Duración: 35 minutos.
Idade recomendada: Espectáculo para a primeira infancia.