Catro cores é o único cuarteto de trompas de Galicia. Catro músicas preséntannos un espectáculo musical e teatral para a primeira infancia, onde aprender e descubrir pouco a pouco a forma e a sonoridade dun instrumento musical: a trompa. As partes deste instrumento encóntranse agochadas polo escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el. Finalmente construirán a trompa e con ela xogarán coas cores e melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula o sentido da vista e do ouvido , onde a trompa será a canle para crear diferentes ambientes e movementos inspirados en animais como un paxaro, un felino, o mundo oceánico e como non… un elefante!
Duración: 30 min. Idade recomendada: De 1 a 6 anos. Espectáculo para primeira infancia.
