Noticias de Hoy
O noso Cemiterio
Fecha: 18/01/2014 a 30/04/2014

O noso Cemiterio

A capela do Cemiterio de San Froilán acolle dende o próximo venres 18 de xaneiro unha escolma de fotografías de cemiterios europeos que formaban parte da exposición Cemiterios Europeos: Xardíns de Almas, diversidade e patrimonio que estivo exposta no Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Esta escolma, facilitada en préstamo polo Concello de Avilés, conta con fotografías de recintos de camposantos de Polonia, Chipre, Eslovenia, Bosnia, Barcelona, Avilés xunto coas do cemiterio de San Froilán que compite en importancia e beleza no contexto europeo, e ocupa o seu lugar na Ruta de cemiterios históricos europeos.

A exposición Imaxes de Cemiterios significativos de europa: o noso cemiterio estará exposta na Capela do Cemiterio de San Froilán e poderase dar ver ata o 30 de abril de 2014 en horario de luns a sábado de 10 a 13 e de 4 a 6 e os domingos de 11 a 13:30 horas.

Web: www.lugo.es


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635