Noticias de Hoy
Rachel The Blue Batons
Localidad: A Rúa
Fecha: 27/07/2016 a 29/07/2016
Horario: 01:00 a 01:00

O Concello despide xullo organizando 3 concertos, deportes na rúa e unha xornada de paintball, dentro do programa +Xtí

A Praza do Castiñeiro, Horta do Seminario e Campo Castelo acollerán actuacións musicais mañá, xoves e venres a partir das 20:00 horas. Xoves e venres haberá deportes na rúa, en Agrolo do Rolo e no Parque Rosalía de Castro.

Os interesados en participar no paintball, que terá lugar o sábado en xornada de mañá e tarde na Casa da Xuventude, aínda poden inscribirse nesas mesmas instalacións

O Concello de Lugo despide o mes de xullo organizando tres concertos, deportes na rúa e unha xornada de paintball, dentro do programa +Xtí de prevención do consumo de drogas. Os concertos terán lugar mañá mércores, xoves e venres, na Praza do Castiñeiro, Praza Horta do Seminario e Praza de Campo Castelo, respectivamente, a partir das 20:00 horas. A Praza do Castiñeiro soará a ritmo do rock indie do grupo burelense Toma 612 e da man da formación Rachel and The Blue Batons, que ofrecerá un concerto coas súas versións da música dos 60 e 70. O xoves será a quenda do grupo de blues Black Vintage e o venres, da banda de gaitas Devandoira.

Ademais, este mesmo xoves o Concello ofrece a segunda sesión de estilo urbanos en Agro do Rolo a partir das 17:00 horas, con BMX, Skateboard, Grafitty e Skatepark Móbil. A estas actividades hai que sumarlle o deporte na rúa que terá lugar o venres, das 17:00 ás 20:00 horas no Parque de Rosalía de Castro. Ademais, o sábado, a Casa da Xuventude acollerá unha xornada de paintball, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas en quendas por grupos de dous equipos de cinco xogadores. Os interesados aínda se poden inscribir nas instalacións da Casa da Xuventude.