Noticias de Hoy
flyer MUSICAD 2016
Fecha: 06/09/2016
Horario: 21:30

MUSICAD

Todos os concertos terán lugar na sala de exposicións da Capela de Santa María ás 20:30 horas. A entrada é totalmente gratuíta.

Programación

Martes 6 de setembro.- O cuarteto de clarinetes Xesús Bal e Gai da Asociación Cultural Nois interpretarán diferentes obras de varios mestres da música clásica (Mozart, Rossini, Albéniz e Piazzolla)

Venres 9 de setembro.- Dúo de violoncello e piano (a monfortina Sabela Vázquez Ramos e a lucense Ana Fernández Galloso)

Domingo 11 de setembro.- O grupo “Ars Combinatoria” co concerto En torno a las Huelgas interpretará pezas de El Códice de las Huelgas

Lunes 12 de setembro.- Dúo de laudes "La Compagna" integrado por Rafael Muñoz e María Luz Martínez interpretarán Dialogue, dúos ingleses e italianos para laúdes renacentistas

Venres 16 de setembro.- O grupo de Metais de Galicia (Esperanza Mara Filgueira, Miguel Vizoso, Marina Abuín e Xosé Carlos Seráns) co concerto Lembrando a Manuel María, unirá música e poesía empregando a palabra dos poetas galegos

Sábado 17 de setembro.- A asociación cultural e medioambiental Quercus Sonora a través do seu cuarteto de corda interpretará La muerte y la doncella do compositor austríaco Franz Schubert

Domingo 18 de setembro.- O grupo “Ars Combinatoria” co concerto Música na época de Carlos V presentará unha alternancia entre a música do século XVI e anécdotas da vida do monarca

Web: www.centrad.org