Noticias de Hoy
logo_final_MURALLA_DE_LETRAS.indd
Fecha: 11/12/2020 a 13/12/2020

Muralla de Letras

O Vello Cárcere de Lugo.

A Vicepresidencia da Deputación organiza Muralla de Letras, unha programa cunha ducia de actividades arredor dos libros e da lectura, que se desenvolverán do 11 ao 13 de decembro no Centro Cultural do Vello Cárcere de Lugo.

Suso de Toro, Ledicia Costas, Marica Campo, María Lado e Lucía Aldao, Pilar García Negro ou Luis López Alonso presentarán as súas últimas publicacións, conversarán co público e asinarán exemplares das obras ao longo da fin de semana. 

Magín Blanco, Paco Nogueiras e Paco Cerdeira “Pakolas” darán cadanseu concerto para público infantil, recollendo repertorios dos seus últimos libro-discos, mentras que Anxo Moure, Raquel Queizás, Brais das Hortas ou o colectivo Polo Correo do Vento convidarán ás mais pequenas a ler a través de historias contadas. 

Ademais, Muralla de Letras dará eco ao proxecto editorial lucense Ámboa, que aposta por publicacións que conectan a literatura galega e portuguesa.

Inscricións en cultura@deputacionlugo.gal 

Dada a situación sanitaria e as restricións de capacidade dos espazos culturais, para participar nas actividades cómpre inscribirse no correo cultura@deputacionlugo.gal, indicando a actividade á que se quere asistir e os nomes e contactos das persoas que acudirán. Se non se completa o aforo, aos dez minutos do inicio da actividade, permitirase a entrada sen reserva previa.

PROGRAMA

Venres 11

  • Concerto infantil de Magín Blanco, O que levamos nas maletas. Ás 17:00 horas e 18:30 horas no Auditorio do Vello Cárcere.
  • Público adulto. Encontros Lectores con Ledicia Costas, autora de obras como “Infamia”, “Un animal chamado Néboa”, “Escarlatina a cociñeira defunta”, “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” ou “A balada dos unicornios”. Ás 18:30 horas no Espazo central do Vello Cárcere.

Sábado 12

  • Contacontos infantil, O poeta do Miño a cargo do colectivo Polo Correo do Vento. Ás 12:00 e 13:00 horas no Auditorio do Vello Cárcere.
  • Vermú con María Lado e Lucía Aldao para presentar Ninguén morreu de ler poesía. Ás 13.00 horas no Espazo central do Vello Cárcere.
  • Concerto infantil de Paco Nogueiras, Extra. Ás 16.30 horas e 17:30 horas no Auditorio do Vello Cárcere.
  • Contacontos infantil, Unha árbore vén a vernos, a cargo de Anxo Moure. Ás 16:30 e 17:30 horas no Espazo central do Vello Cárcere.
  • Propostas lectoras. Presentación de Setenta ideas para a (pos)pandemia, participara Pilar García Negro, María Xesús Nogueira e Fernando Ramallo. Ás 19.00 horas no Auditorio do Vello Cárcere.
  • Propostas lectoras. Presentación de Un señor elegante de Suso de Toro. Ás 20.00 horas no Espazo central do Vello Cárcere.

Domingo 13

  • Contacontos infantil, Contos para caghar patatillas a cargo de Brais das Hortas. Ás 12:00 e 13:00 horas no Espazo central do Vello Cárcere.
  • Vermú con Luís López Alonso para presentar Salífero. Ás 13.00 horas no Auditorio do Vello Cárcere.
  • Concerto infantil de Paco Cerdeira, Rockeando con Ramona órbita, a dona do tempo. Ás 16.30 horas e 17:30 horas no Auditorio do Vello Cárcere.
  • Contacontos infantil, Historias da maletra, a cargo de Raquel Queizás. Ás 16:30 e 17:30 horas no Espazo central do Vello Cárcere.
  • Encontros lectores con Marica Campo en conversa con Eva Teijeiro. Ás 18.30 horas no Espazo central do Vello Cárcere.
  • Encontros lectores con María Grandío Montes e Nieves Neira Roca coa participación de María Corral Fernández. Presentación de Ámboa: unha editora de libros desbordados. Ás 19.30 horas no Espazo central do Vello Cárcere.