Noticias de Hoy
1
Fecha: 19/10/2020 a 25/10/2020
Horario: 01:00 a 01:00

Mostra do Lucense Fraguas ao lucense Carballo Calero

Estará esta semana no edificio multiusos da Xunta

Na sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo pode verse a mostra Do lucense Fraguas ao lucense Carballo Calero, promovida polo Colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia.

A exposición, que reflicte o vencello coa cidade de Lugo dos autores aos que se dedicou o Día das Letras dos anos 2019 e 2020 comprende, en vinteseis paneis, as exposicións Os nove anos de Fraguas en Lugo e Don Ricardo en Friol, reflectindo os nove anos lucenses de Fraguas e os quince de Carballo Calero. No caso de Fraguas, de 1950 a 1959, na cátedral de Xeografía e Historia do Instituto Lucus Augusti (daquela Instituto Masculino) de Lugo, e Carballo Calero, de 1950 a 1965, á fronte do Colexio Fingoi.

A mostra pode visitarse ata o 24 deste mes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635