Do 31 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2014
A XIV Mostra de Teatro Clásico de Lugo traerá á cidade unha selección dos mellores espectáculos de teatro clásico e a actores de renome como Rafael Álvarez, El Brujo, que repite por segundo ano consecutivo, Concha Velasco ou Carmen Gallardo.
Esta edición ten como novidade o espectáculo Serán Clásico adicado á danza clásica e no que se interpretarán pezas de recoñecido prestixio como o Lago dos Cisnes, Coppelia ou o Quebranoces e que dos que forman parte destacados bailaríns da danza clásica española e internacional. Todas as funcións terán lugar ás 20.30 horas, agás o espectáculo para nenos e nenas, que terá lugar ás 16.30 horas.
A venda anticipada de bonos faise ata o 30 de xaneiro no Centro de Interpretación da Muralla, na praza do Campo número 11. A venda de entradas faise tamén no CIM, en horario de luns a domingo de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 17.30 horas e unha hora e media antes de cada función no Auditorio Municipal.
Programa completo:
Venres 31 de xaneiro de 2014: Hécuba
Sábado 1 de febreiro de 2014: Romano
Martes 4 de febreiro de 2014: La Mujer por Fuerza.
Jueves 6 de febreiro de 2014: Serán Clasico.
Sábado 8 de febreiro de 2014: El Asno de Oro, de Lucio Apuleyo.
Domingo 9 de febreiro de 2014: Sueño de una noche de verano
Sábado 15 de febreiro de 2014: Celestina, La Tragicomedia de Fernando Rojas
O precio das entradas dependerá da zona:
- Zona A: 10 €
- Zona B y C: 8 €
Existen bonos de 7 representacións:
- Zona A: 45 €
- Zona B y C: 30 €