Monólogo de Pedro Brandariz en Lugo.
Pois Pedro Brandariz é un dos cómicos galegos máis emerxentes. Actor, showman, clown, monologuista, contacontos, cabareteiro … Brandariz aborda o humor dende moi diferentes eidos: narración oral, teatro, clown, televisión …
Este artista “de ampla presenza” ten un extenso curriculum teatral e audiovisual. Procede do mundo do clown (modalidade teatral que pon en práctica en diferentes compañías) aínda que ten traballado en compañías de teatro de comedia, teatro infantil, cabaret e sobre todo como monologuista. Dende hai máis de doce anos Brandariz percorre a xeografía galega e peninsular de teatro en teatro, de sala en sala e de bar en bar.
Pero isto non remata aquí pois Pedro Brandariz é unha das caras máis recoñecibles da TVG, grazas á intervención en diferentes programas e series, pero sobre todo no exitoso programa Luar da TVG.
Ademáis o actor tamén participou en numerosas curtas de cinema e pezas experimentais.
Outra das súas dimensións cómicas maniféstase na radio pois ten todos os mércores unha sección de humor en La Ventana de A Coruña de Radio Coruña Cadena Ser, ademáis de ser colaborador da sección Los Cocos da mesma emisora.
Na súa formación ten traballado cos mellores mestres do clown: Leo Bassi, Carlo Colombaioni, Eric de Bont, Jango Edwards e Peter Ercolano, Loco Brusca, Elliot, Michael Dallaire, Antón Valén, Andrés del Bosque, Carles Montoliu …
En definitiva, un actor que bebe de fontes escénicas moi diversas para ofrecer espéctaculos no que se mesturan todas esas variedades.