Noticias de Hoy
Fecha: 14/11/2020
Horario: 20:30 a 20:30

Monólogo de David Amor en Burela

Burela.

O galego David Amor presenta o vindeiro sábado, 14 de novembro, en Burela o monólogo Love está en el aire. Será no auditorio municipal ás 20:30 horas. O prezo das entradas é de 4 euros.

As entradas estarán á venda o día da función na billeteira do auditorio, que abrirá unha hora antes do comezo da representación.

Participan na organización deste evento, xunto ao Concello de Burela: Xunta de Galicia, AGADIC, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 2021.

O Concello agarda que a Xunta de Galicia permita que o aforo no auditorio municipal sexa para 50 persoas, en lugar das 30 permitidas na actualidade, “xa que hai sitio de sobra para manter as medidas de seguridade esixidas neste momento”. E lembran que “será obrigatorio o uso de máscara, así coma o lavado das mans co xel hidroalcohólico que atoparán no interior da instalación. A cultura é segura e queremos seguir disfrutando dela con responsabilidade”.