Monólogo Anxo Manoel en The Singles Comedy & Club de Lugo.
ANXO MANOEL é actor, guionista, locutor, presentador… e movidas.
Formouse como actor, a forza de porfiar, dentro do grupo de teatro Achádego e ampliando os seus recursos actorais en distintos cursos de expresión corporal, voz, clown, interpretación, dramaturxia…
Ten unha curta carreira pero cargada de experiencias tanto en teatro amateur, con Achádego Teatro, como no eido profesional dentro do seu proxecto “Menos dá unha pedra” chegando a quedar finalistas no concurso do programa Luar (TVG) “Os Humorosos”. Foi colaborador de Leo Bassi no seu espectáculo “The best of” en Lugo. Ademais, colabora asiduamente en encargos para o Concello de Lugo, a Semana de Cine de autor de Lugo, e presentando galas para diferentes asociacións e colectivos.
A súa experiencia no eido audiovisual abrangue dende participar nunha ducia de curtametraxes, algúns deles premiados en diversos certames, ata a figuración en diversas producións cinematográficas.