Noticias de Hoy
Miosotis. Non me esquezas
Fecha: 01/04/2014
Horario: 19:30 a 19:30

Miosotis. Non me esquezas

MIOSOTIS. Non me esquezas. A partir de Comedia sen título de García Lorca

DOBLE FUNCIÓN AS 18:30 E ÁS 21:00 HORAS

Dirección e dramaturxia Paloma Lugilde
Tradución Xoán C. Laxe
COMPAÑÍA DE TEATRO da USC-LUGO

A modo de reflexión …

Que hai peor ca que a un o maten … que o anulen, que o fagan desaparecer. Por iso, non me esquezas. Nada é inventado. Anxos, sombras, liras de neve e soños existen e voan entre nós, tan reais como a luxuria, as moedas que levades no peto, ou o cancro latente no fermoso seo da muller, ou o beizo canso do comerciante.

Por que imos ir ao teatro para ver o que pasa e non para ver o que nos pasa?

A verdade é fea e se a digo guíndanme do teatro.

SINOPSE

Partimos do texto de Lorca da Comedia sen título ou o Soño da vida.

Até nós só chega un acto, dos outros dous sabemos por amigos do propio Lorca: do segundo contaba Margarita Xirgu que se desenvolvía nunha morgue e a protagonista sería unha muller; e do terceiro sabemos que se situaría no ceo.

A través deste texto, deixándonos levar por el, creamos unha dramaturxia onde a necesidade de non esquecer, da verdade do poeta quere saír. A madeira dos cadaleitos de todos os que estamos nesta sala está xa cortada … Non quero actores senón homes de carne e mulleres de carne, e o que non queira escoitar que tape os ouvidos.

ELENCO

Uxía Alonso, como a Actriz
Lili Claro, como a Muller
Ramón Fernández, como Autor
Natalia Fernández, como a Nai – Criada
Dani Lago, como Mozo/Miosotis
Roberto Rivas, como o propietario do teatro

EQUIPO TÉCNICO E ARTÍSTICO

Deseño dos espazos: Paloma Lugilde. As gradas que utilizamos forman parte da escenografía da obra O Público, deseñada no 2006 por Suso Díaz para esta compañía. Para a realización dos espazos, os técnicos da compañía contaron coa axuda de Óscar Lago e Chelo Trinidad.

Creacións sonoras propias de Carlos Díaz.
Técnicos de son e luces: Alfredo Sarille e Julio Corredoira- Luzsonga.
Deseño gráfico: tatata
Documentación: Ramón Fernández e Paloma Lugilde.
Vestiario: Compañía de teatro da USC-Lugo
Fotografía: Bruno Martínez.
Tradución: Xoán C. Laxe

Agradecementos

A todos os integrantes da Aula de Teatro da USC, á Vicerreitoría e á Área de Cultura e á Vicerreitoría do Campus de Lugo, polo seu constante apoio.

¡Consulta o programa completo do XX Festival Internacional de Teatro Universitario 2014 da USC en Lugo!