Maratón de Cine Animado en Lingua Galega en Lugo.
Trátase dunha sesión de cine intensa, que acollerá o Auditorio Municipal Gustavo Freire este sábado, dende as 17:00 ata as 23:30 horas.
Este maratón vai encamiñado non so aos máis pequenos, senón tamén a adultos, xa que, sempre trata de educar en valores a xente de todas as idades, dende a preocupación polo medio ambiente ata a convivencia entre culturas.
O maratón inclúe as películas:
- O Bosque Animado
- Soño dunha noite de San Xoán
- Espírito do Bosque
- HoyNight!
Haberá un descanso entre pase e pase.