Noticias de Hoy
Bestiario Extrafalario
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 26/06/2015 a 27/06/2015
Horario: 01:00 a 01:00

LiLa Espectáculos presenta en Lugo: Bestiario Extrafalario

O venres 26 e o sábado 27 de xuño (22:45h ambos pases) volta LiLa Espectáculos co seu Bestiario Extrafalario á sala Iskoo para despedir a tempada,
nesta ocasión tocalle o turno á Vaca Celeste!!!!

ENTRADAS 4,00€ á venda en Iskoö (ciudad de vigo, 11 entreplanta) LUGO Telf.982 803 899
As entradas terán que recollerse antes do xoves 25 ás 19:30 horas na sala, en horario de 9:30 a 13:30 // 16:30 a 19:30.

AFORAMENTO LIMITADO!!!!

Lila é Liberdade
Lila é un xogo que xorde do pracer, polo pracer e para o pracer coa finalidade de divertir. Lila é unha porta que se abre cara adentro para que pasen...e vexan

Bestiario Extrafalario é unha función teatral en clave de humor para os amantes da natureza en todas as súas "Extrafalarias" formas onde o mundo animal ten a súa propia voz; unha voz cargada de ironía e sensibilidade que pretende chegar a todas as persoas de todas as idades e condicións.

Cada mes un integrante deste clan animal impregnará este espazo co seu cheirume salvaxe e contará as súas andanzas por este mundo disonante.