A cidade de Lugo acolle o sábado 29 a xornada norte da Liga de Deporte base de Loitas Olímpicas.
Esta é a cuarta vez consecutiva na que Lugo é a anfitriona desta xornada de deporte de base para os máis pequenos, nenos e nenas de entre 6 aos 13 anos participarán nunha xornada lúdico-deportiva. Tal e como marcan as directrices da Federación para o fomento do deporte de base, a competición será por equipos, favorecendo a integración dos deportistas nos clubs que se clasificaron para este campionato.
Os deportistas sumarán puntos para os seus respectivos clubs para clasificarse na mellor posición de cara a xornada final de liga, que terá lugar o vindeiro 24 de maio en Porriño (Pontevedra).
Nesta competición estarán representados os clubs cos mellores resultados deportivos acadados nestes pasados Campionatos de España, celebrados en Madrid. Os clubs clasificados para esta xornada Norte son:
- Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
- Club de Loita Rábade.
- Club de Loita Atila de Ourense.
- Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces.
- Escola Ayude de Melide.
- Club de Loita Stellae de Santiago de Compostela.
- Club de Loita Lugo.
A mellor carta de presentación deste campionato e o nivel amosado nos campionatos de España por todos os equipos participantes nesta Xornada, onde nas categorías de idade mais altas, todos os clubs teñen medallistas nacionais.