Continúan as presentacións de libros no Lar de Cultura do País.
Así, o martes 17 de decembro ás 20:00 correspóndelle a súa quenda a As lavandas adáptanse a todo erro de navegación, poemario de Ramón Neto que gañou o Premio Miguel González Garcés 2012 de poesía, convocado pola Deputación da Coruña.
No acto intervirán, ademais do autor, Xesús Otero Iglesias -ilustrador do libro- e Eugénio Outeiro, poeta e socio da nosa Asociación.
Ramón Neto xa foi galardoado con outros premios de poesía, como o Pérez Parallé en 2009, coa obra A estación única dunha illa ou o Illas Sisargas de Poesía Erótica (2013) con Dominio Público.