Noticias de Hoy
La Musgana
Fecha: 22/11/2013
Horario: 23:30 a 23:30

La Musgaña

Tras máis de 25 anos interpretando a música tradicional da Meseta, 8 discos no seu haber e xiras por EEUU, Canadá, Europa e Marrocos, os membros fundadores de La Musgaña, Carlos Beceiro e Jaime Muñoz, preséntanno-lo seu novo CD Entre Dos. Momentos intensos de baile, con persoais versións de polcas, mazurcas, marchas, entradillas, jotas e pasodobles, conviven neste disco con outros máis recollidos que teñen por protagonistas sons verdadeiramente evocadores. Un amplo percorrido pola música instrumental da Meseta, profundando na esencia da nosa riquísima tradición e desenvolvendo as posibilidades estéticas desta herdanza cultural chea de mestizaxe.

La Musgaña en estado puro!

Web: www.lamusgana.net