A IV Feira Medieval Guímara reunirá a preto de 400 persoas na Pobra do Brollón co apoio do Goberno da Deputación
A feira rememora o pasado medieval da Pobra do Brollón, unha vila con gran relevancia polo seu interese estratéxico e comercial ao ser cruce de camiños nunha vía xacobea secundaria. Haberá exhibicións, pasarrúas e actuacións musicais
A feira reconstrúe a revolta levada a cabo polas veciñas e veciños da Pobra do Brollón cando o Conde de Lemos quixo cobrar impostos nestas terras, sen ningún tipo de dereito, posto que a vila era xurisdición de reguengo, dependente directamente do monarca e polo tanto exenta de cargas feudais impostas polos señores nobres e eclesiásticos. Cóntase que os homes e mulleres de Brollón resistiron rexamente ás tropas do Conde pero ó fin este puido derrotar aos veciños da vila. A partir deste feito os habitantes da Pobra foron chamados Guímaros, que significa rudos, valentes e desconfiados.
Programa de actividades
11:30 horas. Apertura da feira e pregón a cargo do guímaro José Morillo.
12:00 horas. Representación da Revolta Guímara levada a cabo polos veciños da Pobra.
12:30 horas. Exhibición de cetraría e demostración de oficios tradicionais.
13:00 horas. Pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Erbedo.
14:00 horas. Xantar popular.
16:00 horas. Concerto de arpa a cargo da artista Bleuenn Le Friec na igrexa da Pobra.
17:30 horas. Actuación de Peter Punk.
19:00 horas. Exhibición de cetraría.
19:30 horas. Demostracións de oficios tradicionais.
20:00 horas. Actuacións da Orquestra Pantasma.
21:30 horas. Actuación de percusión e zancudos.
23:00 horas. Fin de festa a cargo do grupo de espectáculos Troula.