Full House é unha fábula moderna sobre a convivencia en vivendas urbanas. Aborda un tema universal e pensouse coma unha estratexia de apoio á superación das diferenzas culturais e doutro tipo. Sen texto e a través do teatro físico e a música en vivo, Full House conta a historia dos veciños; Koala, Can e Cabalo que viven porta con porta, tan atarefados con eles mesmos que non se decatan das necesidades dos outros. A guinda do pastel chega cando Tigre trasládase á comunidade coma un novo inquilino.