Noticias de Hoy
Fiestas en Ferreira de Pantón
Fecha: 17/08/2024 a 19/08/2024

Fiestas en Ferreira de Pantón

Pantón organiza las Fiestas de Ferreira de Pantón los próximos días 17, 18 y 19 de agosto.

PROGRAMA

Sábado, 17 de agosto

  • 21.30 horas. Fiesta con la Orquesta Punto Clave
  • Dj Espasantes

Domingo, 18 de agosto

  • 11.00 horas. Música en la calle
  • 12.30 horas. Sesión vermú en los bares
  • 14.00 horas. Sesión vermú en la plaza de Goián
  • 17.30 horas. Infantilandia en la plaza del Concello
  • 21.30 horas. Fiesta con la Orquesta Xtremo y el Grupo Tekila

Lunes, 19 de agosto

  • 11.00 horas. Música en la calle
  • 12.30 horas. Sesión vermú en los bares
  • 14.00 horas. Sesión vermú en la plaza de Goián
  • 17.30 horas. Infantilandia en la plaza del Concello
  • 21.00 horas. Fiesta con la Orquesta Nueva Fuerza y América

 

O domingo, 18 de agosto comezará ás 11.00 horas con Música na Rúa para as 12.30 horas ter sesión vermú nos bares de Ferreira e ás 14.00 horas na Praza de Goián. Ás 17.30 horas na Praza do Concello desenvolverase a programación infantil, Infantilandia, con xogos e actividades para os nenos. E a partir das 21.30 horas contarase coas actuacións de Xtremo e o Grupo Tekila.

Xa o luns, 19 de agosto, volverá a haber Música na Rúa desde as 11.00 horas e tamén sesión vermú en Ferreira e na Praza de Goián. Desde as 17.30 horas contarase coas actividades de Infantilandia, que nesta xornada terán lugar na piscina municipal.

Xa pola noite, desde as 21.00 horas a verbena estará amenizada polas orquestras Nuevas Fuerza e América.

O alcalde, José Luis Álvarez, destaca o ambiente familiar das Festas de Ferreira, onde ano tras ano nenos e maiores desfrutan con familia e amigos destes días de lecer.

“Animo a veciños e visitantes a vivir con ledicia estes tres días de música e actividades que farán as delicias dos asistentes e que encherán de ambiente as rúas da vila. As Festas de Ferreira sempre son de reunión das familias e de reatoparse coas orixes”.

Este ano para rematar o mes de agosto, os días 30 e 31, contarase cunha nova edición do Trece Roeis Fest que organiza a Asociación Cultural 13 Roeis contando coa colaboración do Concello de Pantón.

Ao longo destes dous días pasarán polos escenarios do Trece Roeis artistas como Soziedad Alkoholica, Fillas de Casandra, Arrhymia, Rebelión do Inframundo, Xabier Vizcaíno, Tiam Cg, Exeria, Peter Punk e Brais das Hortas, Mago Teto, Baturruka Monforte, Serio RV Dj, Anita Tijoux, Green Valley, Sara Socas, Sober, Los de Marras, Maneiro, Pauliña, Amoebo, Festicultores Troupe.