Os días 19 e 20 de agosto, a Ribeira Sacra acollerá o Trece Roeis Fest, onde se poderá desfrutar da música de El Drogas, Boikot, Guezos, Zeltia Irevire, Cabodano e As Searas.
Un ano máis, a organización quere consolidar un espazo de cultura e música popular na que se sintan identificadas tódalas veciñas e veciños da Ribeira Sacra.
Dito evento é feito en “O Castro” de Sta. María de Ferreira, Pantón. Consta de varios espazos nos que se mesturan a gastronomía da terra coa cultura e a artesanía, facendo unha simbiose perfecta. Así mesmo, coa organización deste evento búscase que traia consigo beneficios económicos para Pantón e para os concellos limítrofes.
Cada ano o obxectivo é que siga crecendo ata conseguir que sexa un punto de referencia cultural e musical non só na Ribeira Sacra senón no resto de Galicia, e sirva como punto de atracción para que xente doutros lugares se poida acercar durante esa fin de semana a desfrutar das ribeiras e da riqueza paisaxística e gastronómica da terra Sacra.