Os organizadores do Festival Terra Brava veñen de anunciar a primeira confirmación da próxima edición do festival, que terá lugar como todos os anos en agosto.
Esta primeira confirmación é a de Charanga sin Control, que amenizará a sesión vermú no día 24 de agosto coa súa música nacida en 2015 por un grupo de amigos de León con ganas de contaxiar a súa alegría e amor pola música.
Así, O Incio volverá acoller unha nova festa de música de grupos galegos que porán en valor o traballo da creación musical propia diante dun público composto por veciños e veciñas e persoas interesadas neste festival.