Xa están confirmados os primeiros grupos que formarán parte do festival Esmorga Fest. O cabeza de cartel será El Columpio Asesino. O evento tamén contará coa presencia de Vulk e Apartamentos Acapulco.
Nos pasados días tamén se puxeron á venda as entradas sendo esta un total éxito. En poucas horas esgotáronse as entradas que tiñan o prezo máis reducido e, na actualidade pódense adquirir a un prezo de 35 euros.
El Columpio Asesino, unha das bandas máis importantes e influentes do pop alternativo nacional; con gran proxección en Latinoamérica, por onde viran desde 2004.
Tras cinco anos de relativo silencio El Columpio Asesino volve aos escenarios, cun inesperado xiro de son: o grupo mostra a súa cara máis pop, sen perder a súa esencia entre o belo e o sinistro. Sen dúbida unha oportunidade de ouro para todos os que se acheguen a esta edición do Esmorga Fest para que sexan cegados cuns sons máis potentes e luminosos que nunca
O progreso artístico de Vulk emana do seu inconformismo e o seu avance implacable, o mesmo que se pode apreciar nos seus concertos. Cancións viscerais cheas de detalles que nos falan da amizade e o amor desde unha visión existencialista e que nos achegan á violencia da humanidade desde a impotencia da realidade.