Noticias de Hoy
1-Feira-do-vino-ribeira-sacra-20221
Fecha: 01/07/2022 a 03/07/2022

Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Deuse a coñecer o Programa e Cartel oficial do que será a cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará do 1 ó 3 de xullo no paseo do Malecón da cidade.

Os horarios de apertura e peche dos stands deste Festival do Viño serán o venres 1 de xullo de 7 da tarde a 12 da noite, sendo á inauguración ás 7 e media da tarde. O sábado 2 de xullo, de 11 da mañá a 3 da tarde, e das 7 da tarde ás 12 da noite. E o domingo 3, de 11 da mañá a 3 da tarde.

As 27 Adegas participantes

  • Algueira
  • Peza do Rei
  • Ponte da Boga
  • Abadía da Cova
  • Alma das Donas
  • Lucenza
  • Rectoral de Amandi
  • Don Bernandino
  • Adega Vella
  • Condado de Sequeiras
  • Pilares de Belesar
  • Rectoral de Gundivós
  • Guímaro
  • Viña Vella
  • Malcavada
  • Petrón
  • Don Cosme
  • Cruceiro
  • Finca Cuarta
  • Cividade
  • Santa Mª de Nogueira
  • Val da Lenda
  • Proencia
  • Finca Millara
  • Gullufre
  • Ciudáseis
  • Amedo

Ademais, o Festival contará cunha Zona de Gastronomía que contribuirá a acompañar mellor a degustación dos viños, e na que participarán: Queixo negro Buleri, Queixo Milkabra, Casa Neiras, Embutidos Suarna, Jamones D. Francisco, Jamones Roberto, Panadería “La Luna e establecementos asociados a E para comer Lugo.

Actividades para todos os públicos

Como en anteriores edicións, destinados ós máis pequenos terán diversos Obradoiros infantís: 2 obradoiros de Contacontos, con Anxo Moure e Brais Moure, 2 obradoiros a cargo de “Velaisca Animación”, e 1 obradoiro de Olería Tradicional da Ribeira Sacra a cargo de “Figulus. Olería de Gundivós.”
Coma novidade este ano, organizaranse dous obradoiros para adultos de Iniciación á Cata de Viños da Ribeira Sacra, que contarán cun aforo de 30 persoas e se realizarán nun espazo habilitado no Stand de Recepción denominado “Sala de Catas”. Consistirán nunha cata comentada e dinámica percorrendo diversos estilos de viños a través das súas variedades mais nobres.
En concreto, os participantes catarán un branco xove e un branco de crianza, así coma un tinto xove e un tinto de crianza, así coma un rosado, e ensalzaremos a recuperación das diferentes variedades ancestrais como son as uvas de Brancellao, Merenzao, Dona Branca ou Branco Lexítimo. Estes obradoiros terán unha duración dunha hora-hora e cuarto.

3 VinoRutas para coñecer a Ribeira Sacra

Trátase das 3 VinoRutas “que nos permitirán viaxar ó lugar de orixe onde contemplar o nacemento da uva e descubrir os encantos dos dous ríos que bañan as ribeiras, o Miño e o Sil. Unha experiencia única para sentir a vertixe da nosa viticultura heroica”.

En concreto, a primeira das VinoRutas terá lugar o venres día 1 de xullo e outras dúas o sábado 2, cun prezo de 15€ para adultos e 5€ para nenos, e con saída dende o Parque dos Condes.

O venres 1 de xullo, a partir das 15:15 h., terá lugar a VinoRuta do Sil: “Ribeira e Bosque”, na que os participantes farán un percorrido en catamarán polo Canón do Sil e se achegarán a unha das adegas adheridas da D.O. Ribeira Sacra (Regina Viarum), para dar a coñecer de primeira man a viticultura heroica de montaña. Tamén se visitará o Miradoiro de Pena do Castelo, onde se fará unha ruta de 1,5km entre bosques de castaños ata chegar a el. Dende alí partirase cara Monforte de Lemos para disfrutar do Festival do Viño da Ribeira.

O sábado 2 de xullo pola mañá, a partir das 9:30 h., terá lugar a ViñoRuta do Miño: “Camiñando entre viñedos”, na que se fará a ruta de sendeirismo dos Codos de Belesar, cun fermoso percorrido entre viñas por unha antiga calzada romana. Dende o pobo de Belesar collerase o catamarán polo Rio Miño para ver os viñedos e paisaxe como a Praia da Cova, e farase unha visita á adega Via Romana, na que se fará unha cata comentada e se verán unhas fermosas vistas das ladeiras do Miño. A ruta rematará coa volta a Monforte.

Pola tarde, dende as 15.15 h., terá lugar a terceira das rutas, a VinoRuta do Sil: “Viño e Tradición”, que levará ós participantes a coñecer un oficio centenario como é a Olería de Gundivós no concello de Sober. A continuación, visitarase a adega Rectoral de Amandi e o Miradoiro de Soutochao, nos viñedos de Amandi, cunha parada tamén na adega Adega Vella para catar e coñecer os seus viños, antes da volta a Monforte de Lemos.

Para máis información, reserva de VinoRutas e inscripción no Taller de Catas será necesario chamar ó teléfono de contacto 611 533 271 ou enviar un email a festivalmonforte@gmail.com.

Actuacións musicais no Campo de San Antonio

Chegada a noite, a Praza do Campo de San Antonio acollerá 2 actuacións musicais os días 1 e 2 de xullo. “Por primeira vez”, explicou o Alcalde, “está praza acollerá as celebracións musicais do Festival do viño, debido a que a grúa ubicada na Praza de España, impide o desenvolvemento destas actuacións musicais tal e como se merecen. Será un excelente escenario para mostrar o talento das diferentes agrupacións musicais, con propostas que van dende a danza contemporánea tradicional ata o pop-rock”.

O venres día 11 ás 11 da noite, terá lugar a actuación de POL 3.14, que é un cantante solista e compositor cunha importante traxectoria musical dende o 2010, cun estilo único, sen tapuxos e con personalidade, que o situou na escena dentro do ámbito da música pop actual.

O sábado 2 de xullo, tamén ás 11 da noite, a compañía Nova Galega de Danza fusionará en vivo danza e música de raíz galega, tradición e vangarda con vocación universal, a través do seu espectáculo chamado “Leira”, coa colaboración da artista Rosa Cedrón.

Para a correcta celebración destas actuacións musicais, procederase a cortar o tráfico arredor desta praza do Campo de San Antonio, tanto o venres 1 coma o sábado 2, a partir das 10 da noite e ata a unha da mañá, unha vez rematadas as actuacións musicais.

Ademais, despois da inauguración do festival, que terá lugar o venres 1 de xullo ás 7 da tarde, terá lugar a actuación de Donaire que é unha asociación musical folclórica de A Coruña que conta cunha longa traxectoria de actuacións e premios acadados, e que está formado por bailaríns, pandereteiras e un grupo musical.

Programa

  • Venres 1 de Xullo
    19:00 h - Apertura dos stands.
    19:30 h - Acto de inauguración do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2022”.
    Actuación do grupo folcklorico galego DONAIRE.
    23:00 h - Concerto de POL3.14
    00:00 h - Peche dos stands.
  • Sábado 2 de Xullo
    11:00 h - Apertura dos stands.
    12:00 a 14:00 h - Obradoiro de Olería Tradicional da Ribeira Sacra - Figulus.
    12:30 a 13:30 h - Taller de Iniciación a Cata. Descobre… Viños da Ribeira Sacra.
    15:00 h - Peche dos stands.
    19:00 h - Apertura dos stands.
    19:00 a 20:00 h Taller de Animación con Velaísca. Descórchate.
    20:00 a 21:00 h - Taller de Contacontos. Anxo Moure.
    23:00 h - Espectáculo LEIRA de NOVA GALEGA DE DANZA e Rosa Cedrón.
    00:00 h - Peche dos stands.
  • Domingo 3 de Xullo
    11:00 h Apertura dos stands.
    12:00 a 13:00 h Taller de Contacontos. Brais Moure.
    12:30 a 13:30 h - Taller de Iniciación á Cata. Descobre… Viños da Ribeira Sacra.
    13:00 a 14:00 h Taller Sensorial con Velaísca. “Sinte a Ribeira Sacra”.
    15:00 h - Peche do “Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2022”
Feira do vino ribeira sacra 20221

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635