Este ano o festival aposta por un cartel máis completo a respecto da edición anterior mantendo a mesma filosofía de traer a Viveiro artistas emerxentes de escea electrónica europea. A entrada seguirá sendo gratuíta para que todo o mundo poda desfrutar do evento.
Así, os artistas confirmados polo momento son Annē, Varya Karpova, Hertz Collision, Isma B, Karras Martinez, Leo Meizoso, Llonas, Amiga, Cessabit, Edmuk JP e Gonzalo Smaniotto.
A oferta cultural ofrecida polo Ether 2023 divídese en dúas partes: os Etherkids e o festival de música. Por un lado, os Etherkids serán realizados o venres 28 de xullo. Nestas actividades de lecer para os meniños, o comportamento creativo é promovido através de novos contextos tendo a música electrónica como protagonista. Por outro lado, o festival de música comezará o sábado 29 de xullo coa presenza de artistas nacionais e internacionais de Techno, House e Electro principalmente.
Ether – An Electronic Odyssey é un festival único onde podemos desfrutar da música electrónica ao mais alto nivel, mais tamén da natureza, lecer e vida social que Viveiro ofrece durante o verán.