Así, contarán con Airiños da freba, un grupo de música tradicional galega inspirada en cuartetos, quintetos e pequenas orquestras da provincia dos anos 30, 40 e 50 que porán á xente a bailar.
Tamén confirmaron que o grupo lucense Arrhythmia estará no festival e serán os encargados este ano de subir os decibelios no festival a base de riffs e letras contundentes.
Confirmaron que Charanga Alxibeira será outro dos grupos que se unen á festa, e co seu repertorio variado e divertido fará bailar aos asistentes, así como García Mc & Nación Quilombo, un referente do hip-hop galego e Nación Quilombo, co seu proxecto no que fusiona ritmos de África, América Latina e Asia co rap.
Mekanika Rolling Band tamén traerá ao festival a súa fusión de rock, ska, reggae e funk coa tradición musical galega.
O obxectivo do Festival Aturuxo de Ourol é poñer en valor a cultura galega pois cada edición desta cita reúne a grupos e artistas de referencia no panorama musical tradicional.
Este festival adoita ter a entrada e a acampada gratuíta.