Noticias de Hoy
cartel 17 ribeira sacra festival
Fecha: 28/07/2023
Horario: 01:00 a 01:00

Festival 17º Ribeira Sacra

O Festival 17º Ribeira Sacra presenta o seu cartel definitivo para os días 28, 29 e 30 de xullo, nos que o escenario dos Cañóns do Sil acollerán concertos en lugares como o catamarán de Doade ou o mirador de Santiorxo.

Desta maneira, o venres, 28 de xullo, actuarán Morgan, Jane Weaver, Lonteira e Tangerine Sistas no escenario Regina Viarum. Pola súa parte, no escenario Santiorxo – escenario momentos Alhambra terá lugar a actuación de La Costa Brava e Pastor Eléctrico. Por último, Toorai actuará no catamarán Ponte do sil.

O sábado, 29 de xullo, terá lugar a posta en escena de Deus, Oracle Sisters, Pamela Rodríguez e Nanein DJ no escenario Regina Varium. Xa nas Adegas de Vilachá, tito Ramírez e Tristón DJ serán os encargados de amenizar a xornada. Por último, haberá un artista sorpresa co acceso a este concerto nun sorteo a través de redes sociais, no catamarán.

Por último, o domingo, 30 de xullo, Jimena Amarillo e Catuxa Salom actuarán en Chantada.

O 17º Ribeira Sacra Festival é un dos máis chamativos de Galicia pola súa combinación da paisaxe coa música e os pratos fortes, ademais da música, son a gastronomía galega e o viño, con catas, degustacións e showcookings de chefs con máis renome.