O inicio das Festas Patronais de Monforte terá lugar o 11 de agosto coa lectura do pregón, a cargo do maxistrado monfortino Edgar Amando Cloos Fernández e, tras o lanzamento do foguete e o encendido da iluminación artística, haberá unha actuación musica na praza da Compañía da man de Lucía Pérez, ás 00.00 horas. E tras el, actuará o grupo monfortino Malenne, ás 02.00 horas.
PROGRAMA MUSICAL DAS FESTAS PATRONAIS
O venres, 11 de agosto, comezará a xornada co pregón ás 20.30 horas na Casa do Concello, seguido do concerto da Banda de Acordeóns O Folión dos Xograres de Lemos na Praza de España ás 21.30 horas. Xa ás 00.00 horas actuará Lucía Pérez e ás 02:00 horas Malenne, ámbolos dous na praza da Compañía
Pola súa parte, o sábado día 12 ás 23.00 horas actuará a Orquestra de Saxos de Redondela, na praza de Esapaña e Deloreans, na praza da Compañía á mesma hora. Mentres, Mikel Erentxun actuará ás 00.00 horas na praza da Compañía e ás 01.30 horas farao Gin Tonic’s, na praza da Compañía.
O domingo, ás 22.30 horas será a quenda do Grupo América de Vigo, na praza da Compañía e ás 23.00 horas actuará a Orquestra de Música do Conservatorio Mestre Ibáñez do Concello de Monforte, na praza de España. Xa ás 00.00 horas será a actuación da Orquestra Panorama na praza da Compañía e ás 02.00 horas pararán para descansar mentres toca o Grupo América de Vigo na praza da Compañía e logo a Panorama volverá ás 03.15 horas.
Xa o luns, día 14, Gallaecia Big Band acutará na Praza de España ás 23.00 horas, mentres que a Orquestra Galilea farao á mesma hora na praza da Compañía. A praza da Compañía tamén acollerá o concerto de Antonio José ás 00.00 horas e volverá a Orquestra Galilea ás 01.30 horas.
O martes, día 15, ás 20.30 horas terá lugar unha mostra de danza e música tradicional na praza de España, ás 23.00 horas actuará o Grupo Tekila na praza da Compañía, ás 00.00 horas terán lugar os fogos de artificio dende San Vicente e ás 00.30 horas virán as Tanxugueiras na praza da Compañía. Por último, ás 2.00 horas actuará o Grupo Tekila, na praza da Compañía.