Festa da Torta de Millo de Guitiriz
Os actos arrincarán cunha charla e unha observación astronómica
Os actos arrincarán xa a véspera cunha charla e unha observación astronómica. Así, o sábado ás 20.00 horas na Casa Habanera haberá un relatorio sobre contaminación lumínica, e inaugurarase unha exposición sobre este tema. A continuación, terá lugar unha observación no Campo da Feira.
Programa
11:30 horas. Exposición de coches antigos na praza.
De seguido. Percorrido ate o balneario de Pardiñas e volta ate o balneario de Guitiriz.
13:00 horas. Actuación do grupo de gaitas e panderetas da Escola de Música de Guitiriz.
14:00 horas. Xantar ao aire libre baixo os carballos da praza (menú 15 euros).
16:00 horas. Xogos populares na praza.
19:00 horas. Concurso de postres e degustación dos mesmos.
20:30 horas. Pregón a cargo de Xacobe Pérez Paz.
21:30 horas. Actuación de Luar na Lubre (algunhas pezas co alumnado da Escola de Música de Guitiriz).