Noticias de Hoy
Fecha: 04/11/2017

Festa da Castaña 2017 en Seoane do Caurel

XXX edición da Festa da Castaña 2017 do Seoane do Caurel.

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde presentou na parroquia de Seoane do
Caurel a XXX Edición Festa da Castaña que se celebrará o vindeiro 4 de novembro no Courel,
e que financia o organismo provincial. O Goberno da Deputación achega 4.000 euros para as
actividades que se desenvolven nesta xornada, converténdose no principal patrocinador deste
evento. Na presentación estivo presente a Alcaldesa de Folgoso do Caurel, Dolores Castro
Ochoa, xunto con outros membros da corporación municipal, así como produtores do sector da
castaña .
Vidal Baamonde explicou que esta cita xa está consolidada, xa que celebra a súa 30 edición,
ademais foi declarada de Interese Turístico de Galicia. “A festa da Castaña do Caurel serve
tamén para poñer en valor un dos produtos mais identificativos da Montaña Lucense como é a
castaña, ademais, este evento tamén contribúe de xeito decidido a incentivar ás nosas
Comarcas. Participarán 20 stands con venda de produtos da zona e artesanía”, sinalou.

PROGRAMACIÓN

12h00 Actuación do grupo "Gaitas e Cantores do Caurel".

Degustación gratuíta de castañas asadas e viño a partir das 12h00 durante o medio día.

13h00 Tradicional pregón: Emilio Rúa (cantautor) seguido de actuación do mesmo.

14h00 Actuación do grupo "O Recanto".

16h00 Actuación da  "Charanga Cov Band".

17h00 Troula animación: "Uxía Lambona e a banda molona" música animación infantile demostraciónde cestería programa artesanía en curso.

17h00//20h30 Degustación gratuíta de castañas asadas e viño amenizada polo grupo "O Recanto" e a "Charanga Cov Band".

22h00 Verbena co dúo "Muralla".

POSTOS DE ARTESANÍA E PRODUCTOS DA ZONA

A Alcaldesa convidou a todos os visitantes a achegarse ao Caurel para desfrutar da súa
gastronomía, do seu entorno e das súas paisaxes, e lembrou que durante esta celebración
haberá postos de artesanía, ademais de produtos da zona e de tempada.