A obra que expoño na galería La Ferretería está formada por obra gráfica e pinturas. A obra gráfica son gravados calcográficos, fundamentalmente augafortes, de gran formato. As pinturas están feitas en dúas técnicas, Acrílico sobre táboa e resina epoxi con pigmentos sobre táboa e sobre aluminio.
O título da exposición “MAIORMENTE XEOMETRÍA” fai referencia á temática da maioría das obras (tanto dos gravados como das pinturas) que está claramente baseada nas composicións xeométricas, que abrangue o punto de vista abstracto coma figurativo. Tamén hai outras pinturas (coa técnica da resina epoxi) da máis recente serie na que estou a traballar e que levan por título xenérico “disolucións”.
En resumo, é unha mostra do meu traballo máis recente e coas temáticas e estilos que definen a miña obra plástica.