Noticias de Hoy
Mama
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 19/10/2017 a 26/11/2017
Horario: 01:00

Exposición en Lugo: MAMA MÍA! Outras miradas ao cancro de mama

Exposición en Lugo: MAMA MÍA! Outras miradas ao cancro de mama.

Hai cinco anos, en pleno tratamento de quimioterapia, unha amiga propúxome facer unha sesión fotográfica. A miña sorpresa foi maiúscula cando, a pesar da imaxe que reflectían os espellos, me observei e vin que podía encarar a realidade sen medo. Sentinme bonita. Estaba bonita.

Quixera hoxe, a través doutras imaxes e doutros ollos, os meus, poder proxectar o optimismo que unha sesión, no seu día, fixo comigo e seguir exhibindo a nosa feminidade intacta, porque … non perdemos nin un ápice dela…