Noticias de Hoy
Llorens
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 13/10/2017 a 05/11/2017
Horario: 01:00

Exposición en Lugo: Francisco Lloréns, o pintor da paisaxe galega

Exposición en Lugo: Francisco Lloréns, o pintor da paisaxe galega.

O Consorcio As Mariñas e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia puxeron en marcha a Ruta do Impresionismo das Mariñas centrada na figura do pintor Francisco LLoréns. Esta Ruta, que pretende ao tempo divulgar a obra de LLoréns e dar a coñecer o patrimonio natural e cultural das Mariñas opta a a converterse en Itinerario Cultural Europeo.

Esta exposición en itinerancia forma parte do proxecto e consiste en cinco cubos de 130 X 130 X 200 cm. nos que se informa sobre a obra do pintor e sobre a Ruta Turístico-Cultural.

Obras de Llorens no MPLugo

O MPLugo con 5 obras da autoría de Francisco LLoréns. En exposición, na sala 12, “Eucaliptos” e “Paisaxe de Betanzos”. E no espazo dedicado a biblioteca expóñense as outras tres: “Fábrica de sardiñas”, “A volta da pesca” e “Alegoría da pesca”.

Aproveite a ocasión que nos ofrece esta exposición nos Xardíns para entrar nas salas do Museo e coñecer mellor a obra de LLoréns, un dos grandes referentes da arte galega contemporánea.