Noticias de Hoy
Viaxe aos sonos polares
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 01/04/2016 a 29/04/2016
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición en Lugo: Viaxe aos soños polares

O Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, participou esta tarde na inauguración da exposición “Viaxe aos soños polares” do artista lucense Cruz Lago.

O responsábel de Cultura da Deputación, Xosé Ferreiro, expresou que “as institucións non poden quedar ao marxe da realidade social e debemos poñer o noso gran de area para contribuír á normalización e a aceptación na nosa sociedade das persoas con capacidades diferentes, por iso desde a Área de Cultura da Deputación participamos desta iniciativa, porque as institución non podemos quedar ao marxe destas cuestións” sinalou.

As pezas que conforman esta exposición teñen como temática recordos, vivencias e sentimentos contraditorios que o propio artista sentiu a caráon do seu irmán, unha persoa con discapacidade intelectual. Esceas oníricas, metáforas sobre momentos vividos, sentimentos que se fan formas e se gardan en estancias para poder ser amozados como obxectos prezados da vida cotiá. Toda a exposición está pensada para amosar o descoñecido tema da discapacidade.
Ferreiro eloxiou tamén os 50 anos de andaina de ASPNAIS, “unha longa e traballosa andadura dunha entidade que naceu para axudar á sociedade a entender mellor a discapacidade e que aínda a día de hoxe ten que continuar esta labor, reclamando dereitos para as persoas con capacidades diferentes” dixo.

A mostra estará aberta ata o 29 de abril na Capela de Santa María de luns a venres en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas e os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas.