Exposición en Lugo: Retratos sobre fondo negro.
Retratos sobre fondo negro, que recolle a experiencia de superación de Pilo Gallizo. É unha exposición froito dunha serie de visitas que tivo na casa Gallizo como consecuencia dun período de convalencia dunha enfermidade, no período dun ano, que lle provocou a perda do 70% da visión.
No acto, Carmen Basadre puxo en valor este mostra, coa que Concello e Asociación Tiresias Galicia conmemoran o Día Mundial da Visión, que coincide o xoves, 11 de outubro. Así mesmo fixo fincapé nesta iniciativa cultural que pretende ser tamén un acto de concienciación e de apoio a todas as persoas con baixa visión, ao tempo que se emprega a fotografía como feramenta para a transformación social.
Retratos sobre fondo negro recolle 41 imaxes. Poderán verse nas celdas do Vello Cárcere dende o martes, 2 de outubro ata finais de decembro. A inauguración terá lugar o propio martes, ás 20:00 horas e contempla un concerto de Guadi Galego & Guillerme Vázquez.