Noticias de Hoy
Outono mutante
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 13/10/2016 a 01/11/2016
Horario: 01:00

Exposición en Lugo: Outono mutante, de Concetta Montenegro

Exposición en Lugo: Outono mutante, de Concetta Montenegro. La muestra estará expuesta del 13 de octubre al 1 de noviembre.

“OUTONO MUTANTE”

Para realizar esta mostra pictórica somerxinme no outono, tempo de máxima motivación para min, tempo de luz cambiante que fai vibrar o interior coas colores en constante “mutación”, desafiando a engañosa calma aparente, porque outono é unha mestura de antónimos: sosego/ desasosego,vibración/calma,vitalidade/melancolía, luz/ sombra, lentitude/ presa …

“O sol atravesa as follas
Dunhas árbores vermellas.
Hai que apreixalas cos ollos
Con rapidez despaciosa,
Só durarán dous días,
Quizabes só dúas horas …”

Son unha persoa inqueda, en certo modo, anárquica, a miña pintura reflicte o meu ser.
As obras expostas agrúpanse en dúas tendencias claramente diferenciadas: figurativa e conceptual, sendo na segunda innecesarios os obxectos, porque a idea ten o único protagonismo (como todos sabedes).
As colores do meu outono son moi saturadas, verdadeiras aleacións de color- textura.
Podo dicir que outono enguliume e no seu seo fixen estas recreacións.

Tanto na tendencia figurativa como na conceptual exprésome con absoluta liberdade, seguindo o meu camiño e sempre investigando porque a rota da arte non ten final.
Aprexei tódalas tonalidades posibles da luz e das sombras nas diferentes horas dos días, tódalas colores quentes e frías que nos depara o outono.
E procurei ser fiel a un filósofo de arte co que me sinto moi conectada, RUDOLPH ARNHEIM…

“Toda obra de arte debe expresar algo. Esto significa, en primer lugar que el contenido de la obra debe ir más allà de la presentación de los objetos individuales que la constituyen”.
Os obxetos individuais son denotativos e hai que ir máis aló, á connotación para conseguir comprender, ler, unha obra de arte.

No meu facer predominan os trazos rotundos aínda que, sibilinamente, agroman doces, suaves pinceladas, que acougan algo a miña obra.
E volvo ás texturas que nas obras conceptuais acadan o grande protagonismo.

Espero disfrutedes deste outono maioritariamente feito na campiña luguesa, á veira do noso río, o grande Miño, e paseando pola ponte romana de día e de noite sen movernos do entorno suxerente que é a Sala de Arte “La Ferreteria” de Lugo .

Concetta Montenegro

Conchita Paz Montenegro ( Concetta Montenegro) conta cunha ampla formación académica no mundo das artes:

Técnica Superior de Artes Plásticas e Deseño en Gravado e Técnicas de Estampación.
Técnica de Artes Plásticas e Deseño en Serigrafía Artística.
Técnica Superior de Cerámica Artística.

Máis de cen mostras avalan o seu constante facer no mundo artístico, sempre investigando no uso das texturas e as cores.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635