A cerimonia de entrega de premios aos gañadores do XIX Maratón Fotográfico serviu de preludio á inauguración da exposición na que se recollen boa parte dos traballos presentados ao certame. Esta mostra, unha escolma de instantáneas que inclúe propostas de todos os autores ademais de todos os traballos premiados polo xurado nesta edición do certame fotográfico, permanecerá aberta ao público na sala ‘Isaac Díaz Pardo’ da Facultade de Veterinaria ata o vindeiro 31 de xaneiro de 2014. As persoas interesadas en visitar esta colectiva fotográfica poderán facelo de xeito totalmente gratuíto, en horario de 9.00 a 21.00 horas, todos os días que o centro universitario manteña as súas instalacións abertas.
De xeito parello á apertura da mostra, os promotores do XIX Maratón Fotográfico do Campus de Lugo entregaron a todas as persoas asistentes ao acto un catálogo da exposición, editado en formato dixital e no que se recollen preto de 70 fotografías, as máis representativas do certame, organizadas por temas.
Web: www.xornal.usc.es