Exposición Camiño a Viena en Lugo
Ás 11,30 h., abrirase na sala de exposicións da Xunta de Galicia en Lugo (edificio administrativo), a exposición CAMIÑO A VIENA, organizada pola Fundación Paz e Cooperación.
Esta Fundación, con Status Consultivo Especial de Nacións Unidas, promove campañas de sensibilización escolar desde 1986, entrelas o Premio Escolar que leva o o seu nome que este ano ten por lema “Mirando a las estrellas-El futuro del mundo”.
O premio convocouse en Viena -Nacións Unidas- na Semana do Espazo, en outubro de 2016, conxuntamente coa Oficina do Espazo Exterior de Nacións Unidas e a Representación Permanente de España en Viena.
Desde entón, comezou o “Camiño a Viena”, exposición de debuxos escolares de todo o mundo que xa visitou Alicante-Dimension Cultural de El Corte Inglés, o Colexio Caude de Majadahonda, AULA en IFEMA en Madrid, o colexio Sansueña de Zaragoza e agora chega a Lugo – coa colaboración da Xunta de Galicia e Galicia Digital - para exponer 200 traballos escolares de 22 países, que reflicten os valores compartidos e os ideais das Nacións Unidas, que deberían inspirar á mocidade para conseguir un mundo non violento, xusto e solidario.
Na inauguración participarán o Presidente-fundador de Paz e Cooperación, Joaquín Antuña; o xornalista Xulio Xiz, por Galicia Digital, e o Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro.
O xurado internacional, formado por diplomáticos e científicos hace reunir o 15 de setembro no colexio Caude, de Majadahonda. E a entrega de premios aos escolares e profesores vencedores do Certame, efectuarase o 20 de outubro en Viena, coa participación do astronauta Pedro Duque, a Direcctora da Oficina de Espazo Exterior de Nacións Unidas, Simonetta di Pippo e o embaixador de España, Gonzalo de Salazar, xunto con Elvira Sánchez-Igual e Joaquín Antuña.