Noticias de Hoy
Localidad: Lugo Ciudad
Fecha: 28/09/2017 a 28/10/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición: BESTIARIUM. Biodiversidade rural. Fotografías de José Barea en Lugo

Exposición: BESTIARIUM. Biodiversidade rural. Fotografías de José Barea en Lugo.

O medio urbano abrangue só unha décima parte de todo o territorio español, o 90% restante é eminentemente rural, aínda que nel tan só resida un 20% do total da poboación, dedicada en boa medida ás tarefas agrícolas. Son xentes do campo que manteñen unha relación ancestral coa terra, garantes a través dos séculos dunha cultura tradicional. O seu contexto sería imposible de entender sen eses animais, de orixe doméstica e gandeira, propios de cada zona que contribúen coa súa existencia á sostibilidade das diferentes paisaxes. Bois, cabras, porcos, galos e galiñas, ovellas, cabalos, vacas… todos eles constitúen un patrimonio xenético de incalculable valor.

Bestiarium comezou a fraguarse a finais de 2009. Desde entón ata hoxe, e tras miles de quilómetros percorridos, supuxo a creación de multitude de escenarios distintos, un para cada ocasión, todo co fin de conseguir o mellor retrato posible. A calor humana de pastores e coidadores pódese sentir en cada imaxe, imposibles de realizar sen a súa contribución. En todas as sesións fotográficas tívose un respecto absoluto cara aos animais, algo que foi unha constante ao longo de todo o proxecto.

Bestiarium é un conxunto de singulares primeiros planos que nos mostran aos animais exentos, desposuídos do seu hábitat natural, como únicos protagonistas dun proxecto que convida á reflexión sobre o distanciamento, cada día maior, entre o mundo rural e o urbano. Esa progresiva desaparición das nosas vidas fai que os vexamos como auténticos estraños.

Co obxectivo de que o mundo rural que nos envolve emerxa e se faga visible ante a sociedade, xurde Bestiarium, un proxecto do fotógrafo José Barea, que a través de impactantes imaxes buscou a mirada cómplice dos animais que mellor representan as nosas razas autóctonas, e cun claro obxectivo, o de dar a coñecer as razas autóctonas españolas e a súa importancia no mantemento do patrimonio e na economía rural.

As distintas exposicións ao longo da xeografía española, están organizadas por FEDERAPES (a Federación de Razas Autóctonas Españolas) e conta co apoio do MAPAMA (O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente).

Convidámolos a descubrir estes sorprendentes animais.