Noticias de Hoy
expolugo 2018
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 06/10/2018 a 07/10/2018
Horario: 01:00 a 01:00

ExpoLugo 2018 Mostra Agrogandeira

ExpoLugo 2018 Mostra Agrogandeira.

En Expolugo, A Rural defínense as seguintes áreas perfectamente diferenciadas:

  • Mostra gandeira: celebra a súa doceava edición organizada pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo. Será de novo a máis completa exposición gandeira de Galicia xa que nela participarán as principais razas autóctonas galegas así coma outras de ámbito nacional, coa presencia das súas asociacións xestoras e de animais en vivo. Razas de bovino, caprino, equino, porcino e avícola, que farán as delicias de pequenos e maiores, nun acercamento e revalorización do eido rural á cidade.

Participarán: ASOPORCEL, Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta, Asociación do Cabalo de Pura Raza Galega, OVICA e ASOVEGA, Ovella e Cabra galegas, BOAGA, Vacas das razas Cachena, Caldelá, Limia, Frieiresa e Vianesa, ACRUGA: Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto da Raza Rubia Galega, AVIMÓS: Galiña de Mós, CAN DE PALLEIRO.

  • Mostra Agroalimentaria de Razas Autóctonas: Exposición de produtores de razas autóctonas con venda de produtos directamente do produtor ao consumidor. Estas empresas consideran a este evento como un vehículo imprescindible para poder promocionar os productos agroalimentarios galegos.
  • Mostra de Artesanía: os principais artesáns da província participarán nesta mostra onde se poderán ver demostracións e adquirir produtos elaborados artesanalmente (tear, madeira, coiro,….).
  • Mostra de Maquinaria Agrícola, zona destinada a maquinaria e servizos agrícolas na que o público interesado poderá coñecer e adquirir as últimas novidades do sector.

Estarán acompañadas por stands de empresas relacionadas co sector rural e gandeiro, no que destacarán as últimas innovacións e servicios nos sectores gandeiro e agrario que, na provincia de Lugo, supoñen unha parte esencial tanto a nivel económico como social, axudando a mellorar a súa competitividade. É un dos salóns máis relevantes do segmento gandeiro do noroeste peninsular, superando na edición anterior os 15.200 visitantes.

Vai ofrecer a mellor  plataforma de negocio e o marco máis adecuado para analizar o futuro dunha actividade fundamental para a economia e sociedad lucense. Todo elo coa implicación de practicamente todas as entidades e colectivos relacionados.

OUTRAS ACTIVIDADES

Ademáis da zona expositiva agrogandeira, agroalimentaria e artesá, verase completada con outras actividades habituais en A Rural sempre relacionadas co eido que nos ocupa, o sector primario.

Deste xeito terán lugar:

Presentación de produtos e novidades no sector en servizos, ferramentas, aplicacións, maquinaria, etc.

Charlas técnicas: a cargo das asociacións participantes no evento, como poden ser as organizadas por ACRUGA, ASOPORCEL, OVICA, etc. Charlas sempre abertas a todos os públicos e nas que sobre todo asiste público especializado nas diferentes temáticas que se aborda.

Celebración de asembleas e xuntanzas de socios: cada ano algunhas das asociacións que participan na mostra agrogandeira, deciden facer coincidir en datas a celebración das suas asembleas anuais. É o caso de AVIMÓS ou ACIVO.

Desfile do gando de razas autóctonas pola rúas de Lugo

– Exposición das Razas Autóctonas Bovinas En Perigo De Extincion (Cachena, Caldelá, Limiá, Frieiresa e Vianesa).

– Exposición Das Razas Ovella Galega e Cabra Galega.

VI Concurso- Exposición Provincial da Galiña de Mos

– Exposición de Raza Porco Celta

Curso de Xuíces de Raza Rubia Galega.

– Concurso – Exposicións de Gando de  Raza Rubia Galega

– IV MEMORIAL LUCIANO SÁNCHEZ

– Degustación  de produtos de raza autóctona: Como maneira para achegar este tipo de produtos ao cidadán, realizarase unha degustación, onde se explicarán as características dos produtos das razas autóctonas. Entregarase documentación a todos os visitantes de onde poden adquirir os produtos das nosas razas.

– Mercado Alimentario de Razas Autóctonas.

Do mesmo xeito, dende a organización de Expolugo póñense a disposición de todos os interesados en organizar eventos deste tipo de temáticas os servizos e instalacións do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo durante os días de celebración do evento.

A RURAL: complemento esencial do San Froilán

É tradición que a Expolugo A Rural, coincida en datas coa celebración das festas patronais de San Froilán de Lugo, as cales atraen ano a ano ata a Cidade das Murallas a miles de visitantes. Desta forma, A Rural continúa e consolida unha tradición na que dentro das festas de San Froilán a gandaría e os produtos do campo eran o eixo sobre o que se conformaba a festa. Dende a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, se contribúe así a manter as boas tradicións á vez que se revaloriza a importancia do sector primario da provincia de Lugo, esencial na nosa economía e a nosa sociedade.

DATOS XERAIS

Horarios

Do 6 ao 7 de outubro de 2018

Apertura ao público: de 12 da mañá a 9 da noite, ininterrompido

Entrada gratuita

Servizos

 Cafetería

 Organiza

Fundación Feiras e Exposicións de Lugo