Noticias de Hoy
European Bridges
Fecha: 04/12/2013
Horario: 23:00

European Bridges

European Bridges é un proxecto xoven, de músicos que se encaran a un tipo de música recoñecida en iberoamérica e que queren dar a coñecer e valorizar en circuitos europeos: temas de Guillerme Vergueiro, Ari Barroso ou Moacir Santos. Tamén teñen no repertorio temas de Herbie Hancock ou Joe Henderson. Decidiron aventurarse xuntos: un catalán, pianista, Pol Oñate. Un belga, batería, Antoon Kindekens. Un baixista e contrabaixista galego, Pablo Vidal.

Queren de portas cara dentro e tamén de portas cara fóra dicir en voz alta, que creen nuns referentes e nunha forma viva e alegre de entender a vida e polo tanto a arte. É unha tentativa de enaltecer a beleza do risco e a voz propia enriba e debaixo dun escenario. Queren traer a luz de baia ós ceos de Santiago, ou mezclar o silencio das rúas belgas e os ritmos brasileiros.

Buscan abrir fronteiras, cun único denominador común, a luz, a alegría e o amor, por este mundo que habitamos e a posibilidade immensa, este trampolín magnífico que espera cada mañan ó outro lado da porta da casa.