Será no Auditorio Gustavo Freire o 13 de novembro
Actuación de Diego M. Buceta con el espectáculo As vacacións máis longas dentro do ciclo LED Lugo en Danza, un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e as artes do movemento. Será no Auditorio Gustavo Freire, o 13 de novembro ás 20.30 horas.
Igual que Allen soñaba con Rockland e cunha longa viaxe por mar ata a porta da súa casa de campo na noite de Occidente, eu soño con chegar despois dunha longa travesía ata esa paisaxe rochosa onde xa non soa máis que o zoar do vento. Un saco de ósos que vaga arrastrado coma un cadáver vivo e busca elevarse e desaparecer, mesturándose co po e as estrelas. E así deixar de ser algo. E así ser felizmente parte de todo.
Creación e interpetación: Diego M. Buceta. Iluminación: Laura Iturralde. Fotografía: Celia López y Alba Troiteiro. Registro vídeo: Caneca Filmes y Eva Viera. Agradecimientos: Residencias Paraíso, Colectivo RPM, Asociación Pedra Lagarto, A Artística, Clara Pampyn y Candela Capitán.
LED
No primeiro LED, que nace en 2020, haberá un total de oito propostas escénicas de xaneiro a maio, cunha selección principalmente de produción galega. Queremos apostar polo traballo dos artistas da nosa comunidade, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas.