Noticias de Hoy
esmorga
Fecha: 22/06/2019
Horario: 13:00

Esmorga Dirt 2019 en Sarria

Esmorga Dirt 2019 en Sarria.

O 22 de xuño con motivo das festas patronais de San Xoan en Sarria (Lugo) terá lugar un evento no que se mesturará gastronomía local, música, deporte e cultura urbana. Todo o evento transcurrirá ubicado nunha fermosa praza pública da Vila, que consta de varios emprazamentos (anfiteatro e varias zonas de lecer)

A festa arrinca durante a mañá con dous parques de Skate e Parkour habilitados para impartir obradoiros a través de varios monitores estas actividades durante todo o día, dispoñéndose para os participantes franxas de práctica libre , sempre supervisadas por un monitor. (prestaranse cascos e taboas de skate para ceder os participantes)Durante o almorzo, nunha das prazas, farase unha mostra de productos locais (varios negocios da vila presentarán productos da terra e poñerán a disposición un mercado para o que queira xantar ou degustar o producto local cociñado in situ) durante varios concertos nunha sesión vermú que contará ca participación de varios grupos de rock.


Concertos
13:00h Breakin' Bones
14:30h Mounqup
22:00h Grison Beatbox
23:00h Dios Ke Te Crew
00:30h Novedades Carminha
01:45h Fonkid (Under The Ball)

Dirtjump
12:00 a 20:00h Entrenos
20:00 a 21:30h Concurso
21:30h Entrega de premios

Obradoiros de #Skate e #Parkour as 12:00 / 13:00 / 17:00 e 18:00.

[gallery columns="5" ids="22715,22716,22717,22718,22776" orderby="rand"]


A media tarde darán comezo os entrenos de dirtjump, a Praza da Vila dividese en dous cunha liña de enormes saltos nos que entrenarán corredores de nivel profesional.Durante estos entrenos poderase ver entre o público exhibicións de Flatlance para posteriormente dar comezo o concurso de saltos e Best Trick.

Despois da entrega de premios xa de novo na zona gastronómica poderemos asistir a un espectáculo de 1 hora a cargo de Grison Beatbox, campeón do mundo de beatbox, actualmente colaborador do exitoso programa de televisión “La Resistencia” presentado por David Broncano.

A finalización comerán os concertos no anfiteatro arrancando co considerado mellor grupo galego de Hip Hop : Dios ke te Crew, o grupo acaba de xuntarse tras un largo descanso e con novo disco volven máis fortes que nunca.Tras o show de rap veremos un dos grupos galegos que máis destacan actualmente a nivel estatal: Novedades Carminha, esgotando a billeteira de salas como “Capitol” en Santiago e “La Riviera” en Madrid, culminará a noite do evento tocando tódolos éxitos da banda que tanta fama lle acada.