Noticias de Hoy
Fecha: 23/02/2014
Horario: 11:00

Duatlon Cross Correcamiños 2014

O I Duatlon Cross Correcamiños celebrase o próximo domingo 23 de febreiro na parroquia de Santa Maria Alta. Ao acto tamén asistiron Alejandro Lamela, organizador e membro do Club Ciclista Correcaminos, Ángeles Otero, Secretaria da Federación Galega de Triatlón, e Raúl Centelles, representante de Begano Coca-Cola.

Díaz Grandio invitou a que “os afeccionados ao deporte se acheguen a ver a proba e que disfruten do espazo natural que temos no Concello de Lugo” e sinalou que “debemos estar orgullosos porque esta proba será na que se decida o Campionato Galego de Duatlón”. Para o I Duatlon Cross de Lugo están inscritos 99 participantes.

Na cidade de Lugo hai unha gran tradición e representación no mundo do Duatlón polo que se decidiron a crear esta proba da especialidade de cross completando asi a oferta de probas relacionadas con este deporte, segundo explicou Alejandro Lamela.

A proba constará dun circuito moi atractivo, nunha localización próxima á cidade e na que non se tocará o asfalto cun total de 27 km, dos que os 6 primeiros serán a pé, 18 en bicicleta de montaña e 3 km finais a pé. A proba desenvolverase na parroquia de Santa Maria Alta, en concreto na zona da urbanización As Campas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635