Noticias de Hoy
Fecha: 18/09/2013 a 19/11/2013
Horario: 01:00

Diálogo Vivo

Exposición Diálogo Vivo, do artista coruñés Enrique Tenreiro en Lugo

Do 18 de setembro ao 19 de novembro de 2013

Esta exposición, que estará aberta ao público ata o vindeiro 19 de novembro, nos xardíns do Museo de Lugo, en conexión co Pazo de Tor, Enrique Tenreiro ofrécenos unha intervención na que relaciona a súa obra escultórica e a súa faceta reivindicativa de problemas sociais.

Na montaxe interveñen un Milario procedente de Franqueán, no concello de O Corgo; un magnolio grandiflora situado no centro dos Xardíns do Museo Provincial, o Cruceiro de Teixeiro, a escultura “Que más me quieres” que representa a unha muller á que a vida xa non lle pode arrincar nada máis; pequenos cantos rodados brancos, candeas vermellas, que representan as mulleres vítimas da violencia de xénero, e violeta africana.

O “Diálogo Vivo” establécese entre o Museo de Lugo e o Pazo de Tor, unha conexión que se realiza a través do acendido simultáneo das candeas instaladas en ámbolos dous museos, mentres se fai lectura dos nomes das mulleres falecidas en mans das súas parellas no que vai de ano. O proxecto completo será gravado para que o seu diálogo, espírito e reivindicación se manteña no tempo.

Web: www.museolugo.org