Para celebrar o Día de Rosalía 2021 os catro museos engadidos na Rede Museística Provincial, o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Pazo de Tor e o Fortaleza de San Paio de Narla, agasallarán as visitas cunha lámina deseñada pola ilustradora guitiricense Alba Nimbos, un debuxo en carbón inspirado no poema Cando a luniña aparece de Cantares Galegos, e unha flor natural.
As láminas de Nimbos poderán recollerse no horario habitual de apertura dos museos, seguindo o protocolo adaptado pola pandemia.
Ademais, ás 11.30 horas no Parque de Rosalía de Castro farase a lectura do manifesto do Día de Rosalía da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).