Domingo 17 de xaneiro de 2021, ás 18.30 horas no Auditorio municipal Gustavo Freire
O espectáculo de teatro Guerra de Identidade, da compañía DeuVe chega a Lugo. Deborah Vukusic protagonizará a escena o vindeiro domingo 17 ás 18.30 horas no Auditorio municipal Gustavo Freire.
Esta é a historia dunha filla e un pai. En todas as historias entre pais e fillas hai unha guerra (se non é sempre) máis ou menos metafórica. Neste caso esa guerra é real: a de Iugoslavia. Entre unha Galicia feliz e unha Croacia en guerra, unha filla busca o amor do seu pai, un xogador de balonmán que se fixo militar e... E non busca ese amor por nada, é que a nena quere que a queiran pero quere que a queiran como quere que a queiran. E sabe que atopar ese amor faría dela a persoa máis feliz do mundo. Nós fixemos esta peza coa intención de facer feliz ao público, esa xente cruel que goza coas desgrazas dos demais