Noticias de Hoy
Darol Anger & Emy Phelps
Fecha: 19/05/2014
Horario: 21:00

Darol Anger & Emy Phelps

Concerto e obradoiro de corda a cargo de DAROL ANGER & EMY PHELPS. En colaboración con GALICIA FIDDLE, asociación cultural.

CLASE MAXISTRAL, ás 18:00 h
Actividade didáctica para estudantes de corda de grao elemental e medio
Inscrición gratuíta. Prazas limitadas
Inscricións e reserva de prazas
galiciafiddle.com / tfno 639 744 221

CONCERTO, ás 20:00 h
DAROL ANGER & EMY PHELPS
Fiddle & Guitarra/voz
Entrada gratuíta ata completar aforo

DAROL ANGER: Violinista, compositor, produtor e educador, Darol Anger ten no seu haber gran cantidade de xéneros, algún dos cales el mesmo axudou a inventar. Incluso é o inventor dunha técnica de arco coñecida como “chop” que fai utilizar o violín como un auténtico instrumento de percusión armónico.

Excepcional entre os fiddlers modernos pola súa profundidade e versatilidade, Anger axudou a conducir a evolución das bandas de cordas involucrándose en varios proxectos como Republic Of Strings, Turtle Island String Quartet, David Grisman Quintet, Montreux, Duo con Mike Marshall, e outros. Ten feito representacións e cursos por todo o mundo con músicos como Dr. Billy Taylor, Bela Fleck, Bill Evans, Edgar Meyer, Bill Frisell, David Grisman, Tony Rice, Tim O’Brien, The Anonymous 4, Marin Alsop and the Cabrillo Orchestra, a Detroit Symphony, Mark O’Connor, e Stephane Grappelli.

Hoxe en día, Darol pode ser ouvido no tema de NPR’s “Car Talk” todas as semanas, xunto con Earl Scruggs, David Grisman e Tony Rice. Foi tamén o violinista do popularísimo xogo de ordenadores Sim City e ademais das representacións a nivel mundial, fixo solos para as gravacións de ducias de bandas sonoras. Actualmente é profesor asociado na Berklee College of Music en Boston , Massachusetts. www.darolanger.com

EMY PHELPS: Cantante, letrista e guitarrista, Emy Phelps non recorda un momento no que non cantara. Como membro da Ransom’s Ceramic Ensemble dende 1980 ó 1987, fixo xiras internacionais mentres dirixía unha investigación sobre música indíxena en Perú.

Orixinalmente de Ashland, Oregon, Emy fixo representacións por toda a zoa do noroeste do Pacífico dende finais dos 80. Na actualidade, Emy continúa o seu traballo como artista de gravación, cantante en “The Furies” e co seu dúo con Darol Anger. A súa máis recente gravación, “Look Up, Look Down” posúe as súas propias cancións con una banda estelar que inclúe a Darol Anger e a membros de “The Furies”.

No pasado ten estado no Northwest String Summit, Wintergrass, Delfest, the Peter Britt Festi

Web: www.galiciafiddle.com